A Policía Autónomica comisa máis de 18 quilos de produtos do mar no Porto de Cangas

Carecían de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Cangas,Galicia,Sucesos

A Policía Autónomica comisa máis de 18 quilos de produtos do mar no Porto de Cangas

A Policía Autonómica comisou a pasada semana máis de 18 quilos de produtos do mar no porto de Cangas, ao carecer de etiquetas de trazabilidade, factura de compra ou calquera outra documentación que acreditase a súa procedencia.

Esta actuación enmarcouse nun dispositivo de control efectuado polos axentes da sede de Pontevedra para comprobar a trazabilidade do produtos que se comercializan no porto de Cangas. Despois de realizar varias inspeccións, comisaron máis de 18 quilos de produtos como centolas, raia ou chocos.

Os axentes levantaron 4 actas por infraccións á Lei de Pesca de Galicia e entregaron o produto comisado ao Banco de Alimentos. As centolas, que aínda estaban vivas, foron devoltas ao mar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.