A Policía Autonómica detén a un varón en Vigo por un presunto delito de violencia de xénero e lesións á súa parella

Publicado por o día 20/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Autonómica detén a un varón en Vigo por un presunto delito de violencia de xénero e lesións á súa parella

Axentes da Policía Autonómica detiveron hoxe a un varón no concello de Vigo por presunto delito de violencia de xénero á súa ex-parella.

Na madrugada do día de hoxe, a requirimento da Policía Nacional de Vigo, solicítase unha dotación policial para que se dirixan á Praza Maruja Mallo, onde, ao parecer, unha muller está sendo vítima de violencia de xénero.

Policías da Sede Local desta Unidade en Vigo, trasládanse ao lugar indicado. No interior do domicilio, atópase unha muller ensanguentada no chan da vivenda, polo cal se require ambulancia, sendo trasladada ao Hospital Povisa. A vítima manifestou que foi agredida pola súa parella sentimental.

Nese mesmo acto, procédese á detención do varón, de 73 anos de idade, como presunto autor dun delito de Violencia de Xénero e Lesións. Do actuado tramítanse dilixencias na Comisaría da Policía Nacional de Vigo.

Actualmente a Unidade Adscrita en Galicia ten asignada a protección dun total de 263 vítimas de Violencia de Xénero.