A Policía Autonómica detén un home en Ourense por un presunto delito de violencia machista

Actualmente en Galicia a Policía Autonómica ten asignadas a protección de 264 vítimas de violencia de xénero
Publicado por o día 21/08/2020 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

A Policía Autonómica detén un home en Ourense por un presunto delito de violencia machista

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense detiveron onte, 20 de agosto, a un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Os feitos foron denunciados na Comisaría da Policía Nacional pola muller, exparella do detido. A muller relatou que a vítima entrou por unha fiestra da vivenda mentres ela durmía, onde a ameazou e agrediu fisicamente.

Ante esta denuncia, o instrutor do atestado policial dispuxo a detención do presunto autor dos feitos, que foi localizado e detido nun bar da cidade, e trasladado á comisaría, onde se continuou coa instrución do atestado policial e posterior posta a disposición xudicial.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 264 vítimas de violencia de xénero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.