A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Santiago de Compostela

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Sucesos

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Santiago de Compostela

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago Meseta, tomaron declaración como investigado ao presunto autor dun incendio forestal ocorrido en Santiago de Compostela.

O lume tivo lugar o pasado 2 de setembro na parroquia de Santa María da Peregrina no concello de Santiago de Compostela, no que arderon 0,05 hectáreas de raso. O lume iniciouse por mor do lanzamento de artefactos pirotécnicos, sendo necesaria a presenza e labor do servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 39 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.