A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas investigan a 16 persoas por furtivismo na costa da Coruña

O operativo comezou no mes de outubro a raíz das denuncias da Confraría de Pescadores da Coruña alertando de furtivos da zona do Portiño que extraían percebe de forma ilícita no litoral próximo a cidade coruñesa

Axentes do Grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago en colaboración con Gardacostas procederon á investigación de 16 persoas por furtivismo.

O dispositivo comezou en outubro tras as informacións anónimas recibidas por parte da Confraría de Pescadores da Coruña para advertir de que furtivos coñecidos da zona do Portiño estaban a extraer a percebe de forma ilícita no litoral próximo á cidade da Coruña.

Este operativo deu como resultado 17 persoas identificadas, 5 vehículos inspeccionados, e 16 investigados con dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda da Coruña .

Este grupo de persoas xa foran identificadas en máis ocasións nos últimos anos en distintos servizos de vixilancia por non respectar as cotas, horarios, número de faenas diarias e medios para esta labor empregando a licenza legal dun deles. A captura de exemplares sen respectar os talles mínimos está a esquilmar a zona e fai imposible a súa rexeneración.

Nos distintos controis realizados, os axentes descubriron que entre as prácticas habituais dos investigados destaca a ocultación do marisco para evitar ser incautado. Así, constatouse que a ocultación do marisco se realizaba en ocos naturais de difícil acceso para os servizos de vixilancia, en elementos do mobiliario urbano como contedores do lixo ou nos ocos do maleteiro do vehículo, ademais de enterralo debaixo das matogueiras da zona da Torre de Hércules.

Trátase de técnicas levadas a cabo sen ter en conta as medidas hixiénico-sanitaras ao ter o marisco almacenado durante horas ata o seu traslado a outro lugar, e sen cumprir coa normativa vixente de extracción, manipulación, conservación e transporte do xénero, o que supón risco de contaminación do produto e, por tanto, para a saúde das persoas que consuman este marisco ao final da cadea alimentaria.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario