A Policía Autonómica incauta máis de 80 quilos de percebe en dúas operacións contra o furtivismo na Coruña e Pontevedra

Publicado por o día 05/06/2018 na sección de Sucesos

A Policía Autonómica incauta máis de 80 quilos de percebe en dúas operacións contra o furtivismo na Coruña e Pontevedra

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Local da Coruña, durante esta fin de semana comisaron 45,6 quilos de percebe e diverso material utilizado na extracción deste marisco. Estas intervencións tiveron lugar na zona de Adormideiras e da Torre de Hércules, zonas onde se atopaban mariscando ata un total de 7 furtivos, aos cales se lles levantaron as correspondente actas de infracción, sendo entregado o marisco a unha institución benéfica da Coruña.

Por outra banda, axentes da Policía Autonómica da sede de Pontevedra, o pasado día 1 de xuño, sorprenderon a unha persoa na rúa realizando a venda de diferentes cantidades de percebe, que portaba en catro contedores isotermos portátiles, no interior do maleteiro do seu vehículo particular, arroxando un total de 34,8 quilos de percebe. Do actuado levantouse a correspondente acta de infracción, remitindo o marisco comisado ao comedor benéfico de Marín.