A Policía autonómica leva a cabo 246 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
Publicado por o día 02/01/2019 na sección de Social,Sucesos

A Policía autonómica leva a cabo 246 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 26 de decembro e o 1 de xaneiro un total de 246 inspeccións de control en 17 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 40 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, A Guarda, Ames, Carballiño, O Grove, Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Teo, Tui, Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 210 persoas e inspeccionadas 246 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 21 actas de infracción, 7 por consumo e 14 por venda de alcohol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.