A Policía Autonómica realizou 32 inspeccións e tramitou 13 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 22 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias
Publicado por o día 15/12/2020 na sección de Sucesos

A Policía Autonómica realizou 32 inspeccións e tramitou 13 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada Ponte da Constitución un total de 22 dispositivos na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes fronte á covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes actuaron en cinco concellos da provincia na pasada fin de semana, onde se realizaron 32 inspeccións nas que foron identificadas 55 persoas e tramitáronse 13 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 11 e o 13 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Os dispositivos leváronse a cabo nos municipios de Marín, Moaña, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 20 concellos, nos que que se rexistraron 91 operativos cun total de 101 inspeccións, con 272 persoas identificadas e 38 denuncias tramitadas. Estes dispositivos enmárcanse no seo da colaboración xeral entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias, e que está a intensificarse para o control das medidas fronte á covid-19.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos espazos públicos e nos establecementos abertos, terrazas e espectáculos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais ou a prevención do botellón, entre outras tarefas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.