A Policía Autonómica tramitou 64 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 112 dispositivos con 597 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 112 dispositivos en 35 concellos galegos nos que foron tramitados 64 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 597 persoas identificadas.

Entre o 29 e o 31 de xaneiro, os axentes realizaron na provincia da Coruña 31 dispositivos nos concellos de Ames, Arteixo, Arzúa, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Melide, O Pino, Porto do Son, Rianxo e Santiago de Compostela, cun total de 22 denuncias e 25 identificacións.

Na provincia de Lugo tramitáronse 8 denuncias e identificáronse 38 persoas en 14 dispositivos levados a cabo nos concellos de Lugo, Monterroso, Ribadeo, Sarria e Vilalba.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 33 dispositivos que deron como resultado un total de 340 identificacións e 16 denuncias en Allariz, O Carballiño, Leiro, Ourense, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea e Verín.

E na provincia de Pontevedra, nos 34 dispositivos realizados en Lalín, Marín, Meaño, Meis, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilaboa rexistráronse 18 denuncias e identificouse a 194 persoas.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM