A Polícia Local apoia no traslado dunha persoa agresiva en Saiáns que tiña que ser asistida por facultativos

Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Polícia Local apoia no traslado dunha persoa agresiva en Saiáns que tiña que ser asistida por facultativos

Este luns ás 15:45 horas a sala de comunicacións do 092 recibiu unha chamada na que solicitaba apoio nun traslado dunha persoa agresiva que tiña que ser asistido por facultativos médicos na zona de Saiáns dado que o paciente negábase a ser trasladado ao centro médico.
 
Unha vez no lugar os Axentes comunícanse co solicitante do servizo E.L.A, nado e domiciliado en Vigo de 64 anos de idade pai do mozo que precisa ser trasladado.
 
No lugar tamén se atopaba a dotación do 061 xunto coa médico de garda do pack de urxencias que manifestou a necesidade do traslado desta persoa para a súa valoración no centro médico de Povisa para, en caso necesario derivalo posteriormente ao Álvaro Cunqueiro.
 
Ante isto os Axentes dirixíronse xunto ao novo, J.E.L.L, nado e domiciliado en Vigo de 35 anos de idade nese momento atopábase comendo, e comezaron a falar de forma cordial con el, sinalándolle a necesidade do traslado, ao que accedeu sen ningún tipo de problema nin confrontación.
 
Para completar o servizo acompañaron á ambulancia ata o centro médico de Povisa, deixando ao paciente baixo a custodia do servizo de vixilancia privada do centro, abandonando o lugar sen ningún tipo de contratempo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.