A policía local asiste a un peón que comezou a convulsionar na rúa México e detéñeno

Publicado por o día 11/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A policía local asiste a un peón que comezou a convulsionar na rúa México e detéñeno

Na tarde do mércores ás produciuse ás 18:15 horas, como vén sendo habitual, os axentes dunha dotación da Policía Local de Vigo, atopábanse na confluencia da rúa México con Urzaiz realizando labores de regulación, cando observaron a poucos metros a un home que se esborrallou na beirarrúa, comezando a convulsionar.

Ao obxecto de auxilialo, dirixíronse ao seu encontro, comprobando que xa non tiña espasmos, aínda que igualmente solicitaron, por mediación da Sala de Comunicacións do 092, a presenza dunha ambulancia no lugar.

Á chegada dos servizos sanitarios, a médica manifestou recoñecer ao citado, indicando que tiveran varias actuacións con el e sempre tiña unha conduta agresiva.

Nese momento o home recobrou totalmente a consciencia, aínda que se mostraba aparvado e desorientado, sendo convidado polos servizos sanitarios a subir á ambulancia para ser valorado.

Comezando a desprezar os ofrecementos realizados, ata o punto de empuxar aos sanitarios cando trataban de axudarlle a incorporarse.

Ante esta conduta os axentes tentaron acougalo, comezando o agora detido a correr pola rúa Urzaiz en sentido ascendente, polo centro da calzada en dirección contraria ao da circulación e entre os vehículos.

Conduta que poñía en risco, non só aos vehículos (ante calquera manobra evasiva que puidese provocar unha colisión), senón a súa propia integridade física. Ao mesmo tempo insultaba e ameazaba á Dotación Policial.

Saltando á beirarrúa e golpeando mentres corría os escaparates e portas dos comercios que atopaba na súa carreira.

Continuou esta acción ata que atopou unha pedra, que recolleu do chan e tirou á Unidade que lle seguía no vehículo patrulla, fracturando a lúa do parabrisas dianteiro.

Nese momento os axentes iniciaron a persecución a pé. No transcurso da cal, e mostrando novamente unha absoluta indiferenza cara á seguridade viaria, utilizou valos metálicos para bloquear e frear a carreira dos Actuantes, tirándoas á calzada.

Correndo pola rúa Pizarro en dirección Praza De España, lograron interceptalo á altura da rúa Venezuela, onde procederon á súa Detención pola comisión de senllos Delitos de Resistencia Desobediencia, Ameazas e Danos.

No transcurso da detención ofreceu unha gran resistencia, proferindo ameazas graves e insultos en todo momento. O citado resultou ser C.A.G C, de Portugal e 32 anos de idade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.