A Polícia Local atopa a 3 rapaces menores de idade próximos a Praza de España facendo xatos

Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Polícia Local atopa a 3 rapaces menores de idade próximos a Praza de España facendo xatos
Unha Patrulla atopábase realizando labores de control de seguridade na zona de Gran Vía, próximos a Praza de España cando observaron a tres novos con mochilas, que ao decatarse da presenza da Dotación comezaron a actuar de maneira nerviosa e inquieta, motivo polo que procederon á identificación dos citados resultando ser:
 
I.F.C, nado e domiciliado en Vigo, B.A.P, nado e domiciliado Vigo e T.J.R, domiciliado en Vigo de 14, 15 e 16 anos de idade respectivamente.
 
Dado que aínda era horario escolar preguntóuselles sobre que facían no lugar e non no instituto, replicando que as clases xa finalizaran o día anterior.
 
A Unidade pescudou cal era o centro no que cursaban estudos e telefonicamente contactaron co director do mesmo informando este que devanditos mozos debían ir a clase.
 
En atención a isto, realizaron xestións esta vez encamiñadas a localizar aos pais destes menores e poñer no seu coñecemento os feitos.
 
A nai do primeiro solicitou que se lle trasladase ao instituto ao atoparse realizando a súa xornada laboral, acudíndose os pais do segundo e terceiro menores para facerse cargo dos mesmos.