Unha unidade da Policía Local atopábase ás 13:30 horas na Av. De Castrelos no día de onte, cando observaron a dous homes consumindo estupefacientes no parque da citada rúa.
Para ese efecto dirixíronse aos citados e procederon á súa identificación resultando ser: M. A. M. S, de Vigo e 51 anos de idade e R. F. G, tamén de Vigo e 49 anos de idade.
A este último, tras realizar verificación telemática dos seus datos pescudaron que lle consta en vigor unha investigación de paradoiro e domicilio ditada polo Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra.
Procedendo a elaborar o correspondente informe dirixido ao órgano xurídico solicitante para coñecemento dos datos demandados.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.