A Policía Local de Mos detén a un veciño do Porriño por un presunto delito contra a saúde pública

Na detención contouse co apoio e a colaboración da Garda Civil do posto de Mos, a cal se fixo a cargo do detido
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,Mos,Sucesos

A Policía Local de Mos detén a un veciño do Porriño por un presunto delito contra a saúde pública

Que durante o día 26 de febreiro do ano en curso producíronse os seguintes feitos reseñables. Durante a quenda de tarde, sendo as 17:00 horas, na parroquia de Sanguiñeda, obsérvase un vehículo que coincide coa descrición achegada por varios veciños en varias manifestacións onde indican á Policía Local que o individuo que conduce habitualmente o mesmo, realiza supostas transaccións con substancias estupefacientes por diversos puntos do termo municipal.

Tras proceder a darlle o alto ao vehículo pódese comprobar como no interior do mesmo, existe un gran número de billetes de baixa contía (5€, 10€, 20€) os cales se atopaban a primeira ollada sobre o asento do acompañante.

A Forza actuante tras proceder a realizar un rexistro máis exhaustivo localiza nunha das guanteras do vehículo, un estuche que no seu interior contén varias doses de suposta substancia estupefaciente, as cales se atopaban listas para a súa distribución e mesmo algunhas delas levaban unha inscrición do seu valor no envoltorio, ademais diso pódese comprobar como na carteira do individuo existe unha cantidade de diñeiro moi considerable. Solicítase colaboración á Central Operativa de Servizos da Garda Civil para realizar as investigacións pertinentes tanto do individuo como do vehículo, acudindo unha patrulla do instituto armado ao lugar minutos máis tarde.

Tras valorar ambos corpos o achado no vehículo, así como os indicios que existen, procédese a realizar a detención do individuo por un presunto delito contra a saúde pública tipificado no artigo 359 do Código penal.

As substancias incautadas poderían alcanzar no mercado un valor superior aos 1000 €.

Esta é unha actuación máis que realiza a Policía Local de Mos no marco da prevención da seguridade cidadá no municipio mosense.