Na madrugada do pasado día de onte ás 06:00 horas, na zona de Praza de España atopábase unha Patrulla da Policía Local de Vigo realizando labores de control e vixilancia en materia de seguridade cidadá.
En atención a este labor, observaron a un home que accedendo á Praza, ao decatarse da presenza policial, virou bruscamente a súa traxectoria tratando de evitar a proximidade coa dotación, virando periodicamente a cabeza para controlar a reacción dos axentes.
Esta conduta induciu a sospeitas, motivo polo cal procederon a interceptarlle, constatando mentres se achegaban que aceleraba progresivamente o paso.
Unha vez identificado resultou ser R. C. G, de Brasil, sen domicilio coñecido e 46 anos de idade, realizando para ese efecto cotexo mediante uso da base telemática.
A resultas desta xestión, os actuantes pescudaron que ao citado cónstalle en vigor unha orde de procura, detención e comparecencia ditada polo Xulgado de 1ª Instancia e Instrución n.º 4 de Porto de Santa María (Cádiz).
En atención e cumprimento do mandato, os axentes procederon á detención e posta a disposición xudicial do citado.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.