A Policía Local de Vigo atopa un ciclomotor que lles precedía nunca contratara seguro do vehículo, así como que non constaba no citado rexistro coa I.T.V. ao día

Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Local de Vigo atopa un ciclomotor que lles precedía nunca contratara seguro do vehículo, así como que non constaba no citado rexistro coa I.T.V. ao día

Tivo lugar este domingo no Camiño Garabulla cando mediante cotexo de datos Telemáticos de Tráfico Axentes desta Policía Local de Vigo comprobaron que o ciclomotor que lles precedía nunca contratara seguro do vehículo, así como que non constaba no citado rexistro coa I.T.V. ao día.

En consecuencia procederon a darlle o alto ao seu condutor comprobando, unha vez detido que presentaba claros signos de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Motivo polo cal lle someteron ás probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, estas arroxaron un resultado positivo de 1,15 e 1,08 mg de alcol por litro de aire expirado en ambas as probas. Pasando o límite penal establecido en 0,65 mg en aire expirado.

O citado resultou ser un home F.P.L, nado e domiciliado en Vigo de 54 anos de idade. Por este feito, abríronselle dilixencias por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.

Debido a isto e as deficiencias anteriormente mencionadas procedeuse á inmobilización e traslado ao depósito municipal de vehículos do ciclomotor así como cursar (que non coser) as correspondentes denuncias administrativas dando por finalizada a intervención.