A Policía Local de Vigo identifica a un home que ofrecía diñeiro a menores para que o acompañasen

Unha dotación da Policía Local localizou a este home nas inmediacións dun céntrico hotel desta cidade
Por o 12/08/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
A Policía Local de Vigo identifica a un home que ofrecía diñeiro a menores para que o acompañasen
Compartir en:

A Policía Nacional quere solicitar a colaboración cidadá para localizar a algunha vítima dun home que ofrecía diñeiro a menores para que o acompañasen.

Billetes de 500€

Pasaban poucos minutos das 17:30 horas cando varias menores que se atopaban no Marisquiño, achegáronse aos axentes e indicáronlle que un home achegáralles e ofrecíalles 500 euros se se ían con el.

Ese non era un feito illado xa que viran como tras negarse a acompañalo, dirixíase a outro grupo de mozas e comezaba a falar con elas.

Os axentes iniciaron unha procura pola zona e localizaron a un home que coincidía co que buscaban nas inmediacións dun céntrico e coñecido hotel desta cidade.

Tras identificalo realizáronlle un cacheo preventivo de seguridade e localizaron diverso diñeiro en efectivo, así como as chaves dun vehículo convertible e diversos efectos.

Sen denuncia

Desde Comisaría quérese solicitar a colaboración cidadá por se houbese algunha vítima que aínda non presentase denuncia, para poder proceder cos trámites correspondentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.