A Policía Local de Vigo localiza un bar na Avenida Hispanidade servindo viños

Publicado por o día 18/03/2020 na sección de Galicia,Vigo

A Policía Local de Vigo localiza un bar na Avenida Hispanidade servindo viños

Na mañá de onte ás 13:50 horas, unha patrulla da Policía Local de Vigo, realizaba labores de percorrido polas vías urbanas, ao obxecto de vixiar o debido cumprimento da medida excepcional ditada polo Goberno.

Circulando pola Avenida Hispanidade, ao paso por diante dun local de hostalería, observaron a porta de acceso do mesmo levemente entreabierta, escoitando voces.

Os axentes accederon ao interior, ao atoparse fóra dos casos permitidos para exercer actividade establecidos na norma, atopando a 4 persoas tomando uns viños.

Procedeuse á identificación dos catro clientes, así como á propietaria do local, que foron advertidos das medidas para adoptar por vulnerar a prohibición.

Outras incidencias

Dentro do labor de control no cumprimento da norma, e noutro ámbito, as distintas unidades controlaron un total de 71 vehículos e realizáronse 12 identificacións a persoas que se paseaban por Samil sen motivo xustificado, ao non atoparse a zona de paseo da praia en roteiro de acceso a ningún dos locais que teñen permitido exercer actividade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.