A Policía Local detén a dous individuos por agresión a un mozo, atentado, desobediencia grave, lesións e ameazas

Publicado por o día 08/08/2020 na sección de Galicia,Ponteareas,Sucesos

A Policía Local detén a dous individuos por agresión a un mozo, atentado, desobediencia grave, lesións e ameazas

A Policía Local de Ponteareas detivo na noite de onte sábado a A.P.C e Y.P.C tras ter presuntamente agredido a un mozo nunha terraza do Paseo Matutino. Os detidos, naturais da localidade de As Neves e, alomenos un deles, con antecedentes penais, foron reducidos pola forza por parte da Policía Local.

Sobre as 23:50 da noite a patrulla da Policía Local recibíu unha chamada alertando sobre unha pelexa no Paseo Matutino. A patrulla, que se atopaba preto do lugar, personouse de inmediato. O mozo presuntamente agredido manifestou que dous varóns o agrediran sen motivo aparente nunha terraza, sinalando aos supostos agresores. Cando a Policía Local os requiríu para a súa identificación ambos os dous reaccionaron atacando aos axentes con manotazos e cabezazos e arrincándolles as máscaras de protección. Os agresores actuaron con grande virulencia e forza, aparentemente baixo os efectos de drogas e alcohol. A Policía Local logrou reducir aos dous individuos, esposalos e detelos personándose de seguido no lugar unha patrulla da Garda Civil. No forcexeo os axentes da Policía Local sofreron algunhas contusións. Os dous detidos foron trasladados ao cuartel da Garda Civil e tanto no traslado como nos calabozos proferiron graves insultos e ameazas de morte e propinaron puñetazos e cabezazos contra as xanelas dos vehículos e as paredes da celda.

Foi necesaria a intervención e asistencia de persoal sanitario do PAC de Ponteareas para calmar con medicación aos detidos. A Garda Civil fíxose cargo finalmente dos detidos antes de pasar a disposición xudicial.

A Policía Local instruíu as correspondentes dilixencias por un delicto de atentado, debobediencia grave, lesións e ameazas. Ademais, o corpo de seguridade salientou e agradeceu a colaboración cidadán nesta actuación, pois diferentes veciños que se atopaban na rúa axudaron aos axentes para reducir aos detidos.

O goberno local, a través do concelleiro Roberto Mera, felicitou aos axentes pola súa actuación e salientou que aínda que as pelexas son feitos puntuais e illados en Ponteareas, o corpo da Policía Local está preparado para facer fronte con profesionalidade e eficacia a estas situacións excepcionais. Nos últimos meses o cadro de persoal da Policía Local reforzouse e intensificouse a vixilancia nas noites das fins de semana con varias patrullas nocturnas operativas. A pasada fin de semana catro axentes interviron nun incendio declarado nun hotel da localidade impedindo, grazas á súa rápida intervención, que este se propagase.

Comentar noticia

Your email address will not be published.