A Polícia Local distribúe un folleto informativo con consellos para mellorar a seguridade no fogar

Por o 21/03/2019 | Sección: Galicia,Ponteareas
A Polícia Local distribúe un folleto informativo con consellos para mellorar a seguridade no fogar
Compartir en:

A concellería de Seguridade Viaria que dirixe Vanesa Fernández entregou a cada un dos fogares de Ponteareas un folleto informativo con medidas e recomendacións para cando un se ausenta prolongadamente da súa vivenda.

A Policía Local editou máis de dez mil exemplares que foron buzoneados en cada fogar coa intención de previr roubos e concienciar nos bos hábitos en medidas de seguridade.

Pechar con chave, deixar unha luz prendida, non desconectar o timbre ou non divulgar o período no que se vai ausentar son algúns dos consellos que a Policía local traslada á veciñanza.

Neste mesmo folleto, a concellería lembra tamén aos condutores a importancia de prestar atenicón á condución, de non beber alcohol nin utilizar o teléfono móbil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.