A Policía Local do Grove intensifica os controis medioambientais

A patrulla de medio ambiente da Policía Local xa identificou varias persoas e realizou diversas propostas de sanción por incumprimentos graves.
Publicado por o d√≠a 13/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

A Policía Local do Grove intensifica os controis medioambientais

Tal e como se informou nas pasadas semanas, a Polic√≠a Local do Grove artellou unha patrulla medioambiental que est√° actuando na vixilancia e control de residuos. Deste xeito, dende a s√ļa posta en marcha, xa foron identificadas varias persoas e lev√°ronse a cabo varias propostas de sanci√≥n por incumprimentos no relativo √° xesti√≥n do lixo.

Debemos lembrar que, segundo a normativa municipal, os residuos domiciliarios (e similares) urbanos depositaranse de 20.00 a 23.00 horas en inverno e de 21.00 a 23.00 horas no verán, e nos lugares, recipientes e colectores de lixo dispostos polo Concello para ese fin. Así pois, está terminantemente prohibido depositalos no chan ou noutras zonas e este comportamento (facilmente identificable) comportará sancións graves.

Dende a Policía Local solicítase a colaboración cidadá para evitar os graves problemas que supón o abandono do lixo en lugares inadecuados, especialmente coa gran cantidade de persoas que estamos vivindo estes días no Grove.

Comentar noticia

Your email address will not be published.