A Policía Local do Grove tramita trinta propostas de sanción por incumprimento das “Normas COVID” esta fin de semana

Os incumprimentos foron detectados tanto na zona urbana como en areais.
Publicado por o día 10/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

A Policía Local do Grove tramita trinta propostas de sanción por incumprimento das “Normas COVID” esta fin de semana

Tal e como se tiña informado, esta fin de semana o labor informativo da Policía Local da localidade foi acompañada de medidas sancionadoras no relativo aos incumprimentos das normas de seguridade necesarias pola Covid-19. Así, os axentes da localidade tramitaron trinta propostas de sancións pola ausencia de uso de máscara e ao non mantemento da distancia social. As infraccións foron detectadas tanto nos areais da localidade como nas vías urbanas e nas distintas quendas horarias, xa que esta fin de semana comezou o servizo nocturno.

Dende a Policía Local incídese en informar a veciñanza da importancia destas medidas, xa que, a día de hoxe, son a única posibilidade que temos de frear o virus. A responsabilidade individual e a colaboración de todos e todas mantendo a distancia social, empregando máscara e seguindo as indicacións nos lugares aos que se acceda resulta fundamental. Deste xeito, incídese en que se manterán os esforzos informando, pero non se permitirán incumprimentos que poñan en risco a poboación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.