A Policia Local do Porriño impón as tres primeiras denuncias por fumar en público sen respetar a restrinción de 2 metros de distancia

Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

A Policia Local do Porriño impón as tres primeiras denuncias por fumar en público sen respetar a restrinción de 2 metros de distancia

A Policía Local do Porriño informa que onte domingo, pola tarde, impuxeronse as tres primeiras denuncias por incumprimento da restricción de fumar sen respetar unha distancia de 2 metros. Dúas desas sanciones levantaronse contra un camareiro e un cliente dun mesmo establecemento de hostalaría do casco urbano que estaban fumando sen gardar a distancia social.

O terceiro caso denunciouse por fumar na vía pública incumprindo tamén o preceptúado na normativa que aprobou a Xunta de Galicia e que está en vigor dende o pasado xoves 14 de agosto.

A Policía Local do Porriño informa que tamén onte levantaronse 5 denuncias a peóns que circulaban sen facer uso da máscara. Dúas delas, tramitaronse contra veciños do Polígono de Torneiros e as tres restantes no casco urbano.

Dende a Concellería de Seguridade lémbrase á veciñanza do Porriño a obrigatoriedade de empregar a máscara de protección cando salgan ás rúas, aínda que sexa para baixar o lixo ou para coller o coche así como nas zonas comúns nos edificios de vivendas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.