A Policía Local eleva os controis diarios ata o millar para “advertir da importancia do confinamento”

Abel Caballero deu conta das inspeccións realizadas polos axentes onte mércores, con 1.074 controis que se saldaron con 38 denuncias. Insistiu o alcalde en que “imos seguir advertindo á cidadanía da importancia do confinamento” na loita contra o coronavirus.
Publicado por o día 03/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Policía Local eleva os controis diarios ata o millar para “advertir da importancia do confinamento”

En declaracións aos medios, Caballero informou das actuacións da Policía Local deste mércores para velar polo cumprimento das normas do estado de alarma, traballo que saldouse con 38 sancionados logo de realizar máis de mil controis.

É un “número moi elevado” de inspeccións, subliñou Caballero, quen reiterou que “imos seguir advertindo á cidadanía da importancia do confinamento” contra a propagación do Covid-19. Ao longo deste mércores, os efectivos de seguridade realizaron ademais 32 advertencias verbais e identificaron a 160 persoas.

Entre as denuncias tramitadas, o rexedor citou as impostas nun bar da Avenida Atlántida que estaba aberto e con dúas persoas no seu interior e a tres mozos reunidos dentro dun portal, comportamento que, no actual estado de alarma, “está terminantemente prohibido”. Ademais, a Policía Local verificou este mércores os precintos das fontes e ordenou as colas nun supermercado de Rosalía de Castro, segundo informou Abel Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.