A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, arresta a un individuo que incumpriu unha orde de alonxamento obrigando a súa antiga parellla a esconderse no baño dunha cafetería

Por o 03/09/2018 | Sección: Galicia,O Porriño,Sucesos
A Policía Local, en colaboración coa Garda Civil, arresta a un individuo que incumpriu unha orde de alonxamento obrigando a súa antiga parellla a esconderse no baño dunha cafetería

Axentes da Policía Local do Porriño, en colaboración con membros da Garda Civil, detiveron este domingo pasado, día 2 de setembro, a C.A.F.C. ,de 29 anos de idade,, polo incumprimento dunha orde de alonxamento ditada polo Xulgado do Penal nº 1 de Vigo, segundo sentenza  firme, cometendo este individuo un presunto Delito de  Quebrantamento de Condena.

O detido atopábase preto da súa antiga parella quen tivo que esconderse no baño dunha cafetería do casco urbano do Porriño por medo a sufrir algunha agresión, motivo polo cal presentou a correspondente denuncia contra este suxeito.

O detido foi presentado este luns, día 3 de setembro diante do Xulgado de Primeira Instancia e e Instrución nº 3 do Porriño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.