A Policia Local identifica a orixe dos 50 colchóns tirados no Parque Forestal Vixiador-Candeán

A Policía Local de Vigo informou de que proceden un barco atracado no peirao de Beiramar. Abel Caballero confirmou que serán retirados nas próximas horas
Publicado por o día 27/03/2017 na sección de Sucesos,Vigo

A Policia Local identifica a orixe dos 50 colchóns tirados no Parque Forestal Vixiador-Candeán

A Policía Local de Vigo identificou a orixe dos 50 colchóns que apareceron nun sendeiro do parque forestal monte Vixiador, en Candeán. Proceden dun barco que está atracado no peirao de Beiramar.

Os responsables do barco querían desfacerse deles e unhas persoas ofrecéronse a levar os colchóns.

A Comunidade de Montes de Candeán alertou o sábado da existencia deste 50 de colchóns tirados no Camiño Fonte dos Seixos. Grazas ás xestións da Policía Local deron cos responsables.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que “xa se está resolvendo este incidente lamentable” e que serán retirados nas vindeiras horas.