A Policía Local impuxo 95 sancións por normativa “covid” na fin de semana de Nadal

Abel Caballero informou de que a Policía Local impuxo entre o xoves 24 de decembro e o domingo 27 un total de 95 propostas de sanción por incumprimento das normativas “covid”. O alcalde tamén destacou as denuncias contra 15 persoas que celebraban unha festa no baixo dunha cafetería.
Publicado por o día 28/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns en rolda de prensa o balance da propostas de sanción levadas a cabo pola Policía Local entre o pasado xoves, día 24 de decembro, e este domingo, por incumprimentos da normativa de seguridade establecida debido a pandemia do Covid-19.

Segundo explicou o rexedor, os axentes impuxeron 95 sancións, 13 delas por non máscara, catro a establecementos, tres por non manter a distancia social, 30 a persoas non conviventes, 37 por horario despois das 23.00 horas e oito máis polo peche do perímetro.

Ademais, Caballero informou do desaloxo dunha reunión de 21 persoas que se estaba producindo no soto dun bar. Tratábase dunha celebración de aniversario na que estaban presentes varias unidades de familiares e o rexedor vigués sinalou que, ademais da reunión ilegal, as persoas que se atopaban escondidos na cafetería non levaban máscara nin tampouco estaban a manter a distancia de seguridade interpersoal.

Os axentes da Policía Local procederon a propoñer para sanción a 15 persoas porque o resto eran menores de idade. Caballero denunciou este tipo de encontros que atentan contra a normativa sanitaria e poñen en perigo o avance de Vigo na loita contra a pandemia, unha progresión que se está producindo de forma lenta que provoca que a urbe galega siga con peche perimetral e co sector da hostalería operando con limitación de aforo e abrindo ata as 17:00 horas.

“Estas reunións son a infección, o contaxio, a enfermidade e a morte”, son o exemplo do que non pode pasar, o que nos preocupa, o que hai que erradicar, así que quero retirar a chamada á precaución nestes días”, sinalou o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.