A Policía Local inspecciona a feira e denuncia a cinco vendedores ambulantes por non usar a máscara

Completouse a inspección de todos os locais de ocio nocturno iniciada hai tres semanas e clausurouse e precintouse un que carecía de licenza
Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Galicia,Ponteareas,Sucesos

A Policía Local inspecciona a feira e denuncia a cinco vendedores ambulantes por non usar a máscara

A Policía Local de Ponteareas realizou unha inspección da feira do pasado día 14 e denunciou a cinco vendedores ambulantes por non empregar máscara na súa actividade.

As inspeccións continuarán a diario nas rúas e locais de Ponteareas para asegurar que a veciñanza cumpre coas normas derivadas da crise sanitaria. Por outra banda na fin de semana pasada a Policía Local realizou novos controis de locais de ocio nocturno, completando a inspección de todos eles iniciada hai tres semanas, que atinxíu a unha veintena de locais, e na que se detectaron diferentes infraccións nalgúns deles.

A Policía Local salienta que estas inspeccións permiten que os locais corrixan e subsanen deficiencias como ter os extintores caducados, carecer de libro ou follas de reclamación, non dispoñer da información sobre o aforo ou sobre a prohibición de venda de alcohol e tabaco a menores, etc. Por outra banda, a Policía Local procedeu á clausura e precintado dun local de hostelaría situado na Rúa Real que viña causando problemas reiterados á veciñanza da zona e que carecía de licenza. Ademais, dúas patrullas da Policía realizaron controis de alcoholemia e drogas o sábado á noite en diferentes rúas da localidade detectándose varios positivos que deron lugar a infracción administrativa

Comentar noticia

Your email address will not be published.