A Policía Local investiga unha suposta estafa por atropelo

A Policía Local conclúe na súa investigación que este veciños de Vigo simulaba ser atropelado
Publicado por o día 12/09/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

A Policía Local investiga unha suposta estafa por atropelo

A Policia Local de Ponteareas, dependente da concellería de Seguridade Cidadá, investiga a un veciño de Vigo que intenta simular que foi atropelado.

Os feitos sucederon o pasado 4 de agosto cando os axentes acudiron a Avda Castelao comisionados por unha chamada por un suposto atropelo dun peón.

Unha vez no lugar e logo de entrevistarse co suposto atropelado, os axentes xa observaron moitas incoherencias no relato dos feitos. Este peón foi trasladado o centro médico donde o relato feito ao facultativo do servizo de urxencias tamén era contradictorio polo que foi dado de alta.

Segundo a policía local posteriormente este peón autolesionouse nunha caída nos arredores do centro de saúde e foi trasladado ao centro Hospitalario de POVISA.

Por parte dos axentes continuose coa investigación dos feitos con declaración de diversas testemuñas e condutores na que se conclúe que este peón simulaba ser atropelado por vehículos parados poñéndose diante e tirándose ao chan, supostamente para percibir algún beneficio do seguro do vehiculo, considerándose unha estafa.

Todos estes feitos foron postos a disposición do xulgado de Garda de Ponteareas.