Esta mañá ás 13:30 horas, no Salón de Formación da Comisaría de Policía Nacional en Vigo, o Comisario Xefe da Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, clausurou oficialmente o “I Curso de Defensa Feminina 2019”.
Un total de 10 mulleres, vítimas de violencia de xénero, realizaron o curso de defensa feminina, que contou cunha pequena parte de formación teórica, e unha máis ampla de aplicación das técnicas aprendidas.
Isto foi complementado con diversos exercicios de autocontrol e cognitivos, conxuntamente con técnicas de índole cardiorespiratorias.
O curso foi impartido por especialistas da Policía Nacional, tanto do C.A.E. con base en Madrid, como por instrutores da propia Comisaría de Vigo-Redondela.
A clausúraa do acto acudiu o Comisario Xefe da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, D. José Luis De Luís Galego e a Directora do CEMVI, Dna. Elena Molanes Piñeiro, ademais do Xefe de Formación da Comisaría e os instrutores do curso.


Noticias de última hora en Vigo