A Policía Nacional de Vigo detén a dous homes que acababan de cometer un roubo nun local comercial da avenida de Fragoso

Os ladróns foron interceptados e detidos polos axentes cando se afastaban do lugar por rúa Arquitecto Alberto Baltar
Publicado por o día 27/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional de Vigo detén a dous homes que acababan de cometer un roubo nun local comercial da avenida de Fragoso

A Policía Nacional detiberón a dous homes de 27 e 30 anos de idade respectivamente, ambos de nacionalidade colombiana e con domicilio na cidade de Vigo, por un delito de Roubo con Forza.

Local comercial en Fragoso

Pasaban poucos minutos das 04:30 da madrugada, cando se recibía unha chamada na Sala Operativa do 091, na cal un condutor informaba que acaba de ver a dous homes con aspecto sospeitoso manipulando unha porta dun local comercial na avenida de Fragoso.

Inmediatamente unha dotación policial que formaba parte do Plan Especial Contra Roubos en Establecementos chegou ao lugar e observo que o cristal da porta e da xanela estaban fracturados.

Nese mesmo instante chegaba a propietaria do establecemento, a cal accedeu ao interior cos axentes e indicou que faltaba unha caixa de caudais de cor branca, cunhas características moi concretas.

Tras dar aviso ao resto dos indicativos, un deles observa en rúa Arquitecto Alberto Baltar a dúas persoas camiñando apresuradamente que coinciden coas características dos homes que momentos antes manipulaban a porta.

Os axentes baixaron do vehículo e cortáronlles o paso á vez que lles pedían que se identificasen e interrogábanos.

Ante as incoherencias coas que se tentaban xustificar e a aparición de varias ferramentas utilizadas para forzar accesos, e a caixa de caudais roubada, a dotación procedeu á detención de ambos os homes e o seu posterior traslado a dependencias policiais.

Varios antecedentes policiais anteriores

Unha vez en Comisaría procedeuse á toma de declaración policial á vez que se realizaba unha consulta das bases de datos, na que se comprobou que ambos os detidos xa tiña varios antecedentes policiais anteriores por feitos similares ao descrito.

A detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán da Brigada de Seguridade Cidadá, pertencente á Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, pasando os detidos e todo o actuado ao dispor do Xulgado de Instrución de Vigo, en funcións de garda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.