A Policía Nacional de Vigo detén a un home que acababa de cometer un roubo con violencia nun local comercial da rúa Urzaiz, imputándolle por iso un delito de Roubo con Violencia

Ao realizar unha comprobación das bases de datos confirmouse que o detido contaba con 27 antecedes policiais anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito
Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional de Vigo detén a un home que acababa de cometer un roubo con violencia nun local comercial da rúa Urzaiz, imputándolle por iso un delito de Roubo con Violencia

A Policía Nacional detivo a un home de 35 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio na cidade de Vigo, por un delito de Roubo con Violencia.

Establecemento en Urzáiz

Os feitos tiveron lugar á primeira hora da tarde, cando se recibe unha chamada na Sala Operativa do 091 para informar que un home agredira ao dependente dun establecemento comercial da rúa Urzaiz.

Varias dotacións policiais dirixíase ao lugar e á súa chegada foron requiridos por cidadáns, que lles manifestaron que momentos antes un home, que vestía bermudas e sudadera con carapucha, agredira ao encargado dunha tenda cun cinto enrolado na man

Dous axentes dirixíronse á rúa Irmandiños, onde localizaron, na terraza dun bar, unha sudadera con carapucha tirada no chan, polo que accederon ao interior do establecemento para realizar unha requisa, localizando escondido no baño a un home que coincidía co que buscaban.

Tras identificalo e interrogalo realizáronlle un cacheo preventivo de seguridade, no cal descubriron ocultos entre as súas roupas varios artigos sobre os que non puido achegar a súa procedencia, así como unha alarma e diversa ferramenta para anular medios electrónicos.

Mentres tanto, o outro indicativo entrevistábase co propietario da tenda, o cal lles comentou que sorprendera a un mozo furtando pezas no establecemento, e cando o tentou suxeitar para que non fuxise este propinoulle unha forte puñada na cara que o tirou ao chan.

Tras informar á vítima dos trámites para seguir procedeuse á detención do responsable dos feitos e ao seu traslado a dependencias policiais para tomarlle declaración.

27 antecedentes policiais anteriores

Xa en Comisaría realizouse unha consulta das bases de datos, comprobándose que ao detido constábanlle 27 antecedentes policiais anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.

A investigación foi levada a cabo por axentes da Unidade de Prevención e Reacción, da Brigada de Seguridade Cidadá, pertencente á Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, pasando o detido e todo o actuado ao dispor do Xulgado de Instrución de Vigo, en funcións de garda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.