A Policía Nacional de Vigo detén a unha muller que o pasado 6 de marzo agrediu a outra moza cando saía dunha discoteca

A vítima saía do local cunhas amigas, e sen mediar palabra outra moza achegouse a ela e deulle unha forte puñada na cara
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional de Vigo detén a unha muller que o pasado 6 de marzo agrediu a outra moza cando saía dunha discoteca

A investigación iniciouse a mediados do pasado mes de marzo, cando unha moza presentouse en comisaría para denunciar que días atrás fora vítima dunha agresión ao saír dunha coñecida discoteca da rúa Pontevedra.
 
Segundo declaración da vítima pasaban escasos minutos das 05:00 horas cando saía, en compañía dunhas amigas, dun local de lecer do centro de Vigo, e sen mediar palabra unha moza achegóuselle e golpeouna na cara.
 
Dada a violencia do golpe, esta moza caeu esborrallada ao chan e tivo que solicitarse a presenza dunha ambulancia.
 
Tras unha primeira exploración por parte do persoal sanitario, trasladárona a un hospital desta cidade onde quedou ingresada ata a mañá seguinte en que a interviñeron cirurxicamente das súas lesións.
 
Os axentes encargados da investigación analizaron diversas probas e escoitaron as declaracións de testemuñas, o cal permitiu identificar a unha moza como posible responsable dos feitos.
 

Detención e traslado a Comisaría

 
Por todo iso, na mañá de onte procedeuse á localización e detención desta persoa, así como ao seu posterior traslado a dependencias policiais, onde se lle tomou declaración.
 
Ademais realizouse unha comprobación das bases de datos policiais, na cal se confirmou que a detida carecía de antecedentes policiais anteriores.
 
O operativo foi levada a cabo por axentes do Grupo de Policía Xudicial da Comisaría de Distrito Centro, pertencente á Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución número 1 dos de Vigo, en funcións de garda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.