A Policía Nacional de Vigo identifica e detén ao autor dunha agresión sexual

O detido xa contaba con antecedentes policiais anteriores
📣 Publicado por el 28/06/2019 en la sección de Galicia - Sucesos - Vigo

A Policía Nacional de Vigo identifica e detén ao autor dunha agresión sexual

A Policía Nacional ha detido a un home, veciño de Vigo, como responsable dun delito de Agresión Sexual.
 

Complexa investigación

 
Axentes da Unidade de Familia e Muller ( UFAM), da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo, detiveron a un home con varios antecedentes policiais anteriores, como presunto autor dunha agresión sexual.
 
Os feitos tiveron lugar a pasada semana no propio domicilio da vítima, á que o autor acudiu incitado por un ánimo de vinganza, despois de ter un altercado cunha ex-parella da vítima.
 
Segundo manifestacións da vítima, o seu agresor utilizou unha violencia desmedida xa que fracturou a porta de entrada á vivenda para acceder ao interior e despois arrincoulle a roupa e causoulle diversas lesións das que tivo que ser atendida.
 
Tras atender á vítima e recoller a denuncia, axentes da UFAM, unidade especializada na atención a vítimas de delitos sexuais, comezaron as pescudas, que levaron á detención e posta a disposición xudicial, do presunto autor do feito.

Comentar noticia

Your email address will not be published.