A Policía Nacional recuperou un teléfono móbil que fora subtraído minutos antes a unha funcionaria dos Xulgados de Vigo.
Xuízo por roubo no interior dun iate
Pasaban poucos minutos das 13:30 cando saltaba a voz de alarma no Xulgado do Penal nº1, ao detectar unha funcionaria que acababan de subtraerlle o seu teléfono móbil.
Minutos antes, un home que acudira ao xulgado como responsable dun roubo no interior dun iate, chegara a un acordo de conformidade para evitar o ingreso en prisión.
A cambio comprometeuse a non volver delinquir durante o próximos tres anos, tras o cal entrou na oficina anexa para asinar o acordo ante unha traballadora do xulgado.
En canto este home marchouse, a funcionaria deuse conta que o seu teléfono móbil non estaba, polo que revisou a oficina e ao non atopalo avisou ao persoal de seguridade.
Inmediatamente deuse aviso á Policía Nacional, e un indicativo policial localizou ao comezo da rúa López Moura a un home circulando en bicicleta, cuxa descrición coincidía coa persoa que buscaban.
Móbil escondido entre as súas roupas
Os axentes pecháronlle o paso e identificárono, á vez que lle facían un cacheo preventivo de seguridade no cal atoparon escondidas entre as súas roupas un teléfono sobre o que non puido achegar a súa procedencia.
Tras realizar os trámites e traslados oportunos contactouse coa victima para indicarlle que o seu teléfono fora recuperado.
A intervención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao Cidadán, pertencente á Brigada de Seguridade Cidadá, da Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando todo o actuado ao dispor do Xulgado.
Noticias de última hora en Vigo