A Policía Nacional de Vigo recupera xoias subtraídas nun domicilio o pasado 28 de xuño, por un valor superior aos 15.000 €, e detén ao responsable do furto

A vítima contratara a un pintor para realizar uns labores de mantemento no interior da súa vivenda a finais do pasado mes de xuño
Publicado por o día 23/07/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional de Vigo recupera xoias subtraídas  nun domicilio o pasado 28 de xuño, por un valor superior aos 15.000 €,  e detén ao responsable do furto

A Policía Nacional ha detido a un home de 44 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio en Vigo, por un delito de Furto.
 

Pintura e xoias

 
Foi a finais do pasado mes de xuño, cando unha veciña de Hispanidade viu unha anuncio pegado no portal do edificio, no cal se anunciaba unha persoa para pintar casas.
 
Dado que estaba interesada en facer un cambio de cor nalgunhas das dependencias da vivenda colleu o teléfono e chamo ao anunciante, quedando no seu domicilio para ver o traballo e facer un orzamento.
 
Dous días despois comezou o labor que durou case tres días completos, durante os cales a propietaria permanecía na vivenda, aínda que en moitos momentos o pintor estaba só nalgunha das habitacións que preparaba.
 
O venres día 28 finalizou a reforma e a dona da vivenda abonoulle o acordado.
 
Esa fin de semana cando ía poñerse unhas xoias que gardaba na habitación descubriu estupefacta que non estaban, polo que se dirixiu a un xoieiro que tiña noutro lugar, comprobando que tamén faltaban diversas pezas de gran valor.
 
Nese instante dirixiuse a Comisaría para presentar a denuncia, iniciándose unha investigación por parte dos axentes encargados do caso.
 
Durante a mesma os investigadores lograron identificar a un home como presunto responsable dos feitos, polo que centraron a investigación sobre el.
 
Iso permitiu localizar e recuperar as pezas de xoiería subtraídas, así como proceder á detención deste home e trasladalo a dependencias policiais onde se lle tomou declaración.
 

Varios antecedentes anteriores

 
Unha vez en Comisaría realizouse unha comprobación das bases de datos policiais, na que se confirmou que o detido carecía de antecedentes previos.
 
A investigación e detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de UDEV-Roubos da Brigada de Policía Xudicial, pertencente á Comisaría de Policía Nacional en Vigo-Redondela, pasando o detido e todo o actuado ao dispor do Xulgado de Instrución número 4 dos de Vigo, en funcións de garda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.