A Policía Nacional detén a 6 persoas responsables dun Grupo Criminal dedicado á distribución de substancias estupefacientes na zona de Teis

Os 6 detidos son o produto de varias detencións ao longo da última semana, en distintos puntos da cidade, na “Operación Corleone”, dentro do Plan Especial de loita contra o tráfico de drogas levado a cabo nas cidades de Vigo e Redondela
Publicado por o día 06/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

A Policía Nacional detén a 6 persoas responsables dun Grupo Criminal dedicado á distribución de substancias estupefacientes na zona de Teis

A Policía Nacional detén a 6 persoas, de nacionalidade española e con domicilio na cidade de Vigo, entre os 30 e os 49 anos, por un delito contra a Saúde Pública, por Tráfico de Drogas e Pertencía a Grupo Criminal.
 

A “Operación Corleone”, comeza a primeiros de xaneiro de 2019

 
Por parte da unidades policiais detectaron un aumento de ” trapicheo” na zona de Teis(Vigo), o que motivo a comezos do mes de xaneiro de 2019, a apertura dunha investigación polo grupo especializado de UDEV DROGAS, da Brigada de Policía Xudicial da Comisaria de Vigo-Redondela.
 
Establécese un servizo discreto de vixilancia e seguimento amplo na zona de Teis, buscando a venda de substancias estupefacientes, quen as vendía e onde se abastecían estes, labor complexo que foi dando os seus froitos co transcurso dos meses, realizando actas de consumo nas zonas próximas sen levantar sospeitas, par logo poder demostrar o tráfico e venda destas por parte dos detidos.
 
A investigación púxose en coñecemento do Xulgado de instrución 1, que foi coñecedor das distintas fases da investigación, así puideron detectar, que o grupo o lideraba unha parella de 49 e 43 anos de idade, coñecidos xa por outras investigacións anteriores levadas a cabo por distintos grupos desta Comisaria, e que contaba con varios intermediarios que o distribuían en distintos locais de hostalería da zona, chegando a ter un tráfico importante na venda de substancias estupefacientes.
 
Xa dentro da investigación levantáronse máis de 10 actas por tenencia e consumo de drogas, a consumidores que había comprando as substancias para o seu consumo ou ben para realizar algún pequeno pase para custear o seu consumo, e que proviñan de vendedores que eran intermediarvos do grupo criminal, así se chegou a intervir, en distintas actas unha cantidade de cocaína que podía estar próxima ás 90 doses, e certas cantidades de marihuana e haxix.
 
O principal lugar de almacenamento, e onde trataban a mercadoría que logo distribuían aos intermediarios, estaba situado na Avenida de Galicia de Vigo, destaca que entre a mercadoría que se distribuía, había cocaína, haxix e marihuana.
 

Detencións e Rexistros

 
O día 28 de agosto, procédese ás primeiras detencións, 2 homes e 2 mulleres, que son os xefes do grupo criminal, dous deles son parella, e outra das detidas é irmá da outra muller detida.
 
Os rexistros realizáronse nas propiedades dos detidos, coa autorización do xulgado de instrución nº 1 dos de Vigo, nunha vivenda da Avenida de Galicia de Vigo, e nunha vivenda e rocho da rúa Sanjurjo Badia, de Vigo, onde se incautaron varias cantidades de droga e diñeiro en metálico produto das vendas dos estupefacientes.
 
Nas detencións, a un dos detidos incáutanselle 1.605 euros en metálico que portaba encima.
 
No domicilio de Sanjurjo Badia, incáutanse:
 

Na vivenda

 
⇒ 11.000 euros en metálico.
 
⇒ Unhas 230 doses de cocaína.
 
⇒ Uns 2.500 gramos de haxix e marihuana en diferentes presentacións.
 
⇒ E outras substancias, balanzas de precisión, papel e bolsas para preparar as doses.
 

No trasteiro

 
⇒ 500 euros en metálico.
 
⇒ Unhas 130 doses de cocaína preparas en papelinas.
 
⇒ Algunhas cantidades menores de Haxix e básculas de precisión.
 
No domicilio da Avenida de Galicia, incáutanse:
 
⇒ 12.300 euros en metálico.
 
⇒ Unhas 110 doses de cocaína.
 
⇒ Una certa cantidade de haxix e marihuana en diferentes presentacións.
 
En resumo nos diversos rexistros, incáutase en metálico uns 25.400 euros, e distintos tipos de substancias estupefacientes que podía alcanzar na rúa un valor de 23.600 euros.
 

Outras Detencións e Rexistros

 
O día 4 de setembro pasado, á primeira hora da mañá, realízase a detención doutro dos compoñentes deste Grupo Criminal dedicado ao tráfico de drogas, próximo ao seu domicilio na rúa Purificación Saavedra de Vigo, un home de 45 anos, español e residente en Vigo, acusado como os anteriores dun Delito Contra a Saúde Publica por Trafico de Drogas e Pertenza a Grupo Criminal, sendo peza importante na distribución das substancias polos establecementos hostaleiros da zona de Teis.
 
O día 5 de setembro, durante a tarde, realízase a detención doutro dos compoñentes deste Grupo Criminal dedicado ao tráfico de drogas, na rúa Oliveira Abaixo de Vigo, e próximo ao seu domicilio, un home de 30 anos, español e residente en Vigo, acusado como os anteriores dun Delito Contra a Saúde Publica por Trafico de Drogas e Pertenza a Grupo Criminal, sendo peza importante na distribución das substancias polos establecementos hostaleiros da zona de Teis.
 

Antecedentes policiais anteriores

 
Ao realizar unha consulta das bases de datos, comprobouse que o xefe da organización tiña oito antecedentes anteriores, e o seu parella un, carecendo os outros 2 de antecedente.
 
Ao detido o día 4, figúranlle dous antecedentes policiais anteriores, carecendo destes o detido o día 5.
 
Os investigadores destacan que os detidos dedicábanse con exclusividade ao tráfico de drogas e algún deles é especialmente perigoso por feitos anteriores investigados.
 
Os detidos e todo o actuado pasaron ao dispor do Xulgado de Instrución nº 1 de Vigo.