A Policía Nacional detén na Coruña a dúas persoas por roubo con violencia e pertenza a un grupo criminal dedicado á comisión de subtraccións polo método do “abrazo cariñoso”

No mes de maio recibíronse varias denuncias nos que se daba conta de furtos e roubos utilizando este método en distintos puntos da xeografía galega (A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Marín)
Publicado por o día 24/05/2019 na sección de Sucesos

A Policía Nacional detén na Coruña a dúas persoas por roubo con violencia e pertenza a un grupo criminal dedicado á comisión de subtraccións polo método do “abrazo cariñoso”

Axentes da Policía Nacional deteñen en Betanzos (A Coruña) a dúas persoas, home e muller, como presuntos autores de delitos de roubo con violencia e pertenza a grupo criminal.

A investigación iniciouse no mes de maio, cando se recibiron varias denuncias da comisión de furtos e roubos con violencia utilizando o método do “abrazo cariñoso”, en distintos puntos da xeografía galega, entre eles na Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Marín.

“Furto amoroso ou abrazo cariñoso”

Esta tipoloxía delituosa cométese por grupos itinerantes de persoas, normalmente de orixe romanesa, que se desprazan por toda a xeografía do territorio español. Actúan en parella, sendo a muller quen se achega a persoas de avanzada idade que adoitan levar de forma visible algunha xoia para, de maneira cariñosa, comezar a tocar á persoa.

Utilizan diferentes escusas para gañarse a súa confianza e entón aproveitan para abrazar á vítima e quitarlle os obxectos de valor que poida levar (xoias de ouro, reloxos de luxo, etc.) utilizando para iso a violencia se é necesario. As autoras adoitan ir acompañadas por un home que queda nas inmediacións dentro dun vehículo para dar cobertura na fuxida.

Os autores destes feitos delituosos adoitan buscar case sempre vítimas de avanzada idade, a quen en moitas ocasións cústalles identificar os autores ou reaccionar nese momento, o que facilita a impunidade destes grupos delituosos.

Para evitar a acción policial, estes grupos adoitan desprazarse na localidades distintas daquela na que residen para cometer os furtos.

Adoitan moverse por todo o país e actuar en diferentes puntos do territorio nacional, permanecendo poucos días en cada localidade, para dificultar a súa localización e detención. Os efectos subtraídos, en ocasións, son recibidos por terceiras persoas que os trasladan ou os envían fóra de España.

Investigación e detención

Os axentes encargados da investigación comezaron a practicar as xestións oportunas co fin de esclarecer os feitos delituosos. Localizaron a dous grupos de varias persoas, que se desprazaron a Galicia a primeiros de maio. De igual modo, pescudaron que utilizaban dúas vivendas, unha en Betanzos e outra en Milladoiro.

Tras lograr reunir indicios suficientes, procedeuse á detención de dúas persoas, home e muller, de nacionalidade romanesa, e identificáronse varias persoas máis, compoñentes todas elas deses dous grupos de delincuentes. Practicouse un rexistro domiciliario no que se incautaron diversos obxectos susceptibles de ser subtraídos e interviñéronse varios vehículos que utilizaban os membros do grupo para desprazarse dunha localidade a outra.

Tras finalizar as dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do xulgado de instrución número Tres de Betanzos, que decretou o seu ingreso en prisión.

A investigación continúa aberta

Coas detencións e identificacións practicadas, os investigadores dan por desarticulado este grupo de delincuentes itinerantes, non obstante a investigación permanece aberta e non se descartan novas detencións.

Continúanse as xestións para pescudar se os identificados puideron participar noutros feitos delituosos labores en datas recentes na cidade da Coruña e noutras localidades de Galicia.