A Policía Portuaria e o Porto de Vigo inicia unha campaña de recollida de alimentos

Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Vigo

A Policía Portuaria e o Porto de Vigo inicia unha campaña de recollida de alimentos

Nestes días tan difíciles a Policía Portuaria e a Autoridade Portuaria de Vigo puxéronse ao choio para paliar a situación precaria pola que está a pasar gran parte da cidadanía provocada pola crise do Covid-19.

Precisamente por isto na Policía Portuaria e a Autoridade Portuaria de Vigo iniciou unha recollida de alimentos para que todas aquelas persoas que desexen colaborar achéguense a depositar alimentos aos seguintes puntos de recollida no Porto de Vigo:

– Entrada Praza da Estrela (Horario provisional de 10-13)
– Casa Policía Portuaria Bouzas TT (24 horas)
– Casa Policía Portuaria Guixar Acceso (24 horas)
– Casa Policía Portuaria Berbés Acceso (24 horas)
– Oficina Policía Portuaria Lonxa Berbés (24 horas)

Dada a situación xerada polo estado de emerxencia, todos os alimentos recolleitos serán doados ao Banco de Alimentos.

Solicítase máxima colaboración e difusión para que entre todos podamos achegar o noso gran de area e liquidar dalgunha maneira esta difícil situación que estamos a vivir.

Comentar noticia

Your email address will not be published.