A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona “para vivir e pasear”

Os obras de mellora da Praza de América e a súa contorna empezarán este xoves cun investimento de 1,4 millóns de euros. “Vai a ser unha zona emblemática de Vigo para vivir e pasear”, sinalou o alcalde. Ademais, está xa rematada a reforma da praza do Barrio das Flores, en Sanjurjo Badía.
Por o 09/01/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona “para vivir e pasear”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este xoves comezarán as obras de mellora da contorna da Praza América para converter a zona nun lugar “emblemático para vivir e pasear”.

Cun investimento de 1,4 millóns de euros, segundo explicou Caballero, o obxectivo é recuperar a idea orixinal do escultor Silverio Rivas para que os cidadáns poidan chegar ao centro da rotonda onte está colocada a súa obra “Porta do Atlántico”.

O proxecto inclúe a renovación das redes de abastecemento e saneamento, ademais da reforma da Praza do Emigrante. “Agora é todo asfalto e queremos que sexa accesible, ampliaremos a rotonda e humanizamos toda a contorna”, sinalou o rexedor.

Abel Caballero descartou que a humanización vaia afectar ao tráfico e indicou que os peóns poderán cruzar a praza a través da zona central.

Barrio das Flores

O alcalde visitou este mércores as obras xa rematadas da nova praza do Barrio das Flores, na rúa Sanjurjo Badía, cun investimento de 600.000 euros .”Collemos un aparcamento á brava de coches e o transformamos nunha gran praza, pero vamos a multiplicar o número de aparcamentos por cinco na zona próxima”, explicou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.