A Praza do Reló pecha este venres o Música nas Prazas 2018 coa actuación de Pepe Vaamonde Trío

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Praza do Reló pecha este venres o Música nas Prazas 2018 coa actuación de Pepe Vaamonde Trío

Este venres día 7 de setembro de 2018, a Praza do Reló da Guarda acolle a terceira e derradeira cita de Música nas Prazas 2018 coa actuación de «Pepe Vaamonde Trío» ás 22:00h.

Despois das dúas sesións anteriores celebradas nos meses de xuño e agosto nas Prazas de Salcidos e de San Amaro en Camposancos, coas actuacións «Liquen» e «BieitoSolo», agora é a quenda final coa actuación de «Pepe Vaamonde Trío».

Pepe Vaamonde Trío é un formato reducido de Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical cun repertorio musical que se nutre dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fundamentalmente encamiñados ao baile tradicional. Trátase de música pensada orixinalmente para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro e festivo. Este grupo está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.