A Praza do Seixo de Tomiño acolle esta fin de semana o XXVI Encontro dos Pobos

No Espazo Fortaleza celébrase este sábado o Encontro Internacional de Bandas de Música
Publicado por o día 24/07/2019 na sección de Galicia,Tomiño

A Praza do Seixo de Tomiño acolle esta fin de semana o XXVI Encontro dos Pobos

A Praza do Seixo de Tomiño, acolle este venres (26 de xullo), dentro do ciclo “O Son da Praza”, a 26ª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración do Concello.

O festival é para todos os públicos e comezará ás 22.30 horas, con entrada libre. Nesta edición participarán agrupacións de Austria e Polonia, ademais dos grupos Virxe do Alivio, de Tomiño e o “Do Lusco ó Fusco”, de A Guarda.

Por outra banda, e tamén dentro dos actos culturais programados na axenda de verán municipal, o sábado (27 de xullo), celebrarase o Encontro Internacional de Bandas de Música. Será no Espazo Fortaleza de Goián, ás 21.00 horas. Tamén para todos os públicos e con entrada de balde. Neste caso, ademais da banda anfitrioa (Agrupación Musical de Goián), actuarán as bandas da UVCD de Candeán e de Lagares.

Comentar noticia

Your email address will not be published.