A Presidencia da Comisión de Peticións do Parlamento europeo recomenda a admisión da denuncia da Marea de Vigo sobre o uso dos fondos DUSI

De non opoñerse os deputados e deputadas da Comisión de Peticións, o trámite seguiría o seu curso no Europarlamento.
Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

A Presidencia da Comisión de Peticións do Parlamento europeo recomenda a admisión da denuncia da Marea de Vigo sobre o uso dos fondos DUSI

No pasado mes de setembro, Marea de Vigo trasladou ao grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), a través da eurodeputada Sira Rego, preguntas para a Comisión Europea e escritos á Comisión de Peticións cuestionando o uso dos fondos DUSI sobre a xustificación da financiación con fondos europeos dos proxectos coma o túnel da Porta do Sol ou a reforma da Gran Vía, que contiña unha tala masiva de árbores. Marea de Vigo cuestionaba a utilización destes fondos, enmarcados dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), cofinanciadas en un 80% polo Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020 para o uso que se lle deu no Concello de Vigo.

Marea de Vigo alertaba nos seus escritos que dentro da estratexia para a implementación destes fondos europeos, e tal e como reflicten as bases do proxecto, a participación cidadá e dos axentes sociais debía estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados, algo inexistente actualmente.

No escrito, Marea de Vigo explicaba que O proxecto contempla a tala masiva de árbores de gran porte con máis de 70 anos (13 tilos y 41 castaños de Indias) e o traslado e posterior replantación de 29 laranxeiras e 45 camelios, que forman parte da Gran Vía e a súa contorna dende hai máis de 40 anos. O proxecto inclúe un informe dun perito agrónomo que recomenda a tala total dos 13 tilos e 41 castaños por atoparse “enfermos” sen máis explicacións nin avaliación de posibles tratamentos fitosanitarios alternativos que poidan evitar a tala.

Ante isto, a presidencia da Comisión de Peticións vén de recomendar que se declare admisible e que se pida á comisión europea información sobre a actuación de Gran Vía. De non opoñerse os deputados e deputadas da comisión de peticións o trámite seguiría o seu curso no europarlamento.

TEXTO DA COMISIÓN DE PETICIÓNS

————————————————————–
0867/2019
Petition No 0867/2019 by R.P.C. (Spanish) on the large-scale felling of trees in the city of Vigo under a sustainable urban development strategy

The petitioner complains that a project launched as part of a call for proposals for sustainable urban development strategy co-financed under the ERDF operational programme for sustainable growth 2014-2020 provides for the large-scale felling of sizeable trees which are older than 70 years (13 lime and 41 chestnut trees) and the relocation and subsequent replanting of 29 orange and 45 camellia trees, which have formed part of the Gran Vía and its surroundings for more than 40 years. He contends that the authorities’ actions are in breach of the criteria and objectives set out for the call for proposals and calls for the project to be suspended and for the Commission to launch an investigation.

Recommendations

–Declare admissible;
–ask the Commission for information.

Comentar noticia

Your email address will not be published.