A presidenta da Deputación expresa o apoio e recoñecemento institucional o novo subdelegado de Defensa na provincia

O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo visitou hoxe á presidenta da Deputación, Carmela Silva, para presentarse despois da súa toma de posesión, o pasado día 18 de decembro. Na visita expresou a súa vontade de colaborar coa Deputación “en todo o que sexa necesario”. A presidenta, Carmela Silva, ofreceulle o “apoio e recoñecemento institucional” da Deputación.

Silva subliñou que a provincia de Pontevedra “é acolledora por natureza” e conta cunhas institucións locais nas que a cooperación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coas Forzas Armadas é a norma habitual. “Son vistas como garantes de dereitos”, engadiu. Ambas partes quedaron en “traballar conxuntamente”. A xuntanza serviu tamén para que a presidenta fixera unha exposición sobre o traballo que a Deputación fai a prol dos concellos desta provincia, garantindo que poidan prestar servizos de calidade á veciñanza, e así detallou que o último fito foi dotalos de Administración Electrónica e formar a todo o seu persoal, o que ten permitido un avance sustancial. Ademais, explicou, a Deputación financia ao mundo local con criterios regrados, dá apoio técnico e presta directamente servizos tan relevantes como a recadación tributaria ou a xestión dos bombeiros e emerxencias.

Cortés Calvo é madrileño, aínda que leva tempo vinculado a Galicia. Ata o de agora estaba á fronte da base Xeneral Morillo, da BRILAT, en Pontevedra. Na súa traxectoria profesional ten participado en varias misión internacionais, entre elas unha campaña antártica, así como misión en Mostar (antiga Iugoslavia) ou Afganistán. Releva no posto a Ángel de Miguel Campos, que levaba seis anos á fronte da Subdelegación de Defensa en Pontevedra.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM