Membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal acudiron este martes 19 en Vilaboa acompañados polo concelleiro Germán Fernández para recoller o novo remolque entregado pola Xunta ao abeiro das subvencións para equipamentos de emerxencias. Trátase dun remolque con características especiais idóneo para intervencións nos incidentes provocados por inundacións e temporais e para desprazarse por aquelas zonas do Rosal que contan con rúas e vías máis estreitas.
Este novo equipamento axudará a mellorar a capacidade das intervencións da agrupación, que soamente no ano 2020 participaron en 116 operativos, máis dun cento no municipio rosaleiro e 15 no concello de Oia. Ademais da participación como asistentes ou para control de afluencia en eventos, durante todo o ano os voluntarios e voluntarias desempeñaron tarefas tan dispares e necesarias, como a asistencia en accidentes de tráfico ou domésticos ou en problemas con animais soltos, a axuda á veciñanza en distintas parroquias, a colaboración no reparto de alimentos ou máscaras, a entrega de ordenadores ou material escolar ao alumnado ou incidencias por lumes ou temporais, entre outros.
O Concello quere poñer en valor o gran labor que realizan estes voluntarios e voluntarias no municipio, de vital importancia neste ano de pandemia, e agradecer todo o traballo realizado para atender aos veciños e veciñas no día a día.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.