A psicoterapeuta e psicóloga vasca Ianire Estébanez compartirá a mañá deste xoves

A conferencia, enmarcada nas actividades de igualdade, será a partir das 10.30 horas na casa da cultura
Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Tomiño

A psicoterapeuta e psicóloga vasca Ianire Estébanez compartirá a mañá deste xoves

A psicoterapeuta e psicóloga vasca Ianire Estébanez compartirá a mañá deste xoves (21 de marzo) con alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova, Estébanez presentará aos estudantes os relatorios os relatorios “Conectamos ben?”, sobre o ciberacoso nas redes sociais, a súa prevención e a resposta colectiva de apoio, e “Enredámonos?”, sobre as redes sociais, as problemáticas que se poden xerar nas relacións de parella, o cibercontrol, a prevención de relacións tóxicas e o empoderamiento.

Esta actividade, e outras ogranizadas pola Oficina dMunicipal de Igualdade, o pasado mes de outubro, tiveron que suspenderse por razóns de saúde da psicóloga, que volta agora a Tomiño para impartir esta charla cos estudantes de secundaria.