A Real Filharmonía de Galicia xunto ao Cuarteto Quiroga serán os responsables de dar comezo a unha nova Tempada de Música Clasica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, xunto á Sociedad Filarmónica de Vigo. Ofrecerán un concerto o vindeiro 14 de febreiro, ás 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo. Baixo a batuta de Paul Daniel interpretarán Masquerade, de Anna Clyne, Absolute Jest, de John Adams, e a Sinfonía nº 2 en re maior de L.V. Beethoven. As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.
O CUARTETO QUIROGA
Naceu coa vontade de render homenaxe ao gran violinista galego Manuel Quiroga, un dos instrumentistas máis importantes da nosa historia musical, e hoxe en día está considerado un dos grupos máis singulares e activos da nova xeración europea, internacionalmente recoñecido entre crítica e público pola forte personalidade do seu carácter como grupo e polas súas interpretacións audaces e renovadoras. Recibiron o Premio Nacional de Música en 2018, é o cuarteto residente no Museo Cerralbo de Madrid e responsable durante anos da Colección Palatina de Stradivarius decorados do Palacio Real.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.