A Real Filharmonía de Galicia, na Tempada de Música Clásica de Afundación

Ofrecerá un concerto con obras de J. Brahms mañá mércores 30 de outubro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

A Real Filharmonía de Galicia, na Tempada de Música Clásica de Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo a programación da súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A vindeira cita será mañá mércores 30 de outubro, a partir das 20.00 h no Teatro Afundación de Vigo, cun concerto a cargo da Real Filharmonía de Galicia. Interpretarán Concerto para violín en re maior, op. 77 e Sinfonía nº 1 en do menor, op. 68, ambas as dúas de Johannes Brahms, baixo a batuta de Mijail Jurowski e con Ellinor D’Melon no violín.

Este concerto é parte do programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha proposta que ten como obxectivo abrir as portas do Teatro Afundación de Vigo aos centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato para que os seus estudantes poidan gozar de concertos de música clásica de balde. Os centros interesados en participar poden informarse a través do 986 120 078 ou no correo [email protected]

As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.