A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo anima a participar na sua concentración de cada xoves de fin de mes

Por o 27/06/2018 | Sección: Colectivos Feministas,Eventos,Galicia,Social,Vigo
A Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo anima a participar na sua concentración de cada xoves de fin de mes

A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de xuño de 2018 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO).

Levamos 41 mulleres asasinadas e 6 menores no que vai de ano. Denunciamos a barbarie que se está levando a cabo coas mulleres, as atencións seguen aumentando cada ano. Precísase o compromiso de toda a cidadanía para que avancemos e rexeitamos estes comportamentos violentos que tanta dor lle producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e as crianzas que o padecen.

Agardámosvos unha vez máis que nos acompañedes neste acto que organizamos todos os últimos xoves de mes diante do Museo Marco. Nesta ocasión Esther López Rodríguez, xornalista de Radio Voz lerá o comunicado en repulsa da violencia de xénero.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.