A Rede Galega de Investigación en Demencias celebra en Vigo a súa segunda xornada científica

O encontro reunirá a dous investigadores destacados a nivel internacional: María Llorens e o Doutor Carracedo
Publicado por o día 07/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Rede Galega de Investigación en Demencias celebra en Vigo a súa segunda xornada científica

La A Rede Galega de Investigación en Demencias (REGIDEM) celebra en Vigo este xoves a última xornada da rede deste ano, e a segunda en Vigo. Organizado polo científico Carlos Spuch, coordinador de REGIDEM, en colaboración con FAGAL, AFAGA e a Fundación CorBi, este encontro leva por título ‘Xornada de Investigación na Enfermidade de Alzheimer: 25 anos de AFAGA’.

Esta xornada reúne a dous destacados científicos a nivel internacional. Por unha banda, a Dra. María Lloréns Martína (CBM-CSIC) que achegará moitas novidades sobre os últimos achados respecto ao nacemento de novas neuronas no cerebro (neuroxénesis) na idade adulta.

E, doutra banda, participará o Dr. Ángel Carracedo, que falará sobre o seu último traballo no que está a investigar a xenética do Alzheimer.

Ademais, haberá dúas conferencias sobre importantes traballos desenvoltos en Galicia, en colaboración coas asociacións e que merecen ser divulgados.

A xornada será este xoves, o 10 de outubro de 16:00 a 20:00 horas, na sede da Fundación Barrié de Vigo (5ª planta da sede). Rúa Policarpo Sanz, 31, 36202 Vigo, Pontevedra.

Programa

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.